21 mayo 2012

aula do pan de carral . (utopías inglesas)



O proxecto que se propón parte do respeto da tipoloxía de muíño, manténdose a forma e adaptándoa no seu interior ó novo uso. Ó pecha-lo acceso para incorporalo á parte útil da edificación, tamén usaremos a forma orixinaria a dúas augas como partida, remarcando a idea de muíño;  máis aquí ó ser unha envolvente nova tratarémola con materiais acordes coa contemporaneidade e o novo uso.

Así pois fican igual dous corpos rectangulares, o orixinario do muíño que albergará unha sala múltiple para espacio expositivo e aula do pan de Carral; o novo do acceso, que manterá esta función de recibidor dos visitantes, cun pequeno espacio de atención, e outro pequeno espacio de conferencias; así como a parte de servicios.
                                   
Na sala principal tratarase de acondicionar todo o espacio como se fose un único moble, “forrando” as paredes existentes cun tramado de taboleiros de xeito que apareza un envés xirado fronte as fachadas principais, e dándolle distintos espesores para os distintos elementos expostos, xa sexan pezas antigas...proxeccións...fotografía, buscándose a versatilidade. Procurarase mante-las carpinteirías existentes tras constatar o seu estado óptimo, máis participarán deste entramado novo proxectándoas cara á súa superficie interior e potenciando a non simetría e por tanto a diferencia de iluminación natural. Neste tramado aparecerán tamén os elementos de garda e almacenaxe, así como o elemento “forno” e todo aquelo que implica a fabricación de pan con carácter cultural e educativo... unha pequena tafona. O centro de noso “moble” estará ocupado por pezas móbiles que serán expositores e tamén pequenas mesas de amasado, e que gardarán os tallos de traballo nelas. Con respecto ó teito, tras constatar o seu estado,  tratarase cara a durabilidade da estructura e outras pezas de madeira e manterase case aberta....só se pechará na parte central por riba do mesado central, de xeito que enlace co moble perimetral na entrada, e sirva de soporte ás guías de expositores e as luminarias, tanto os brazos de luz directa, como a indirecta.

O corpo do acceso partirá da forma existente, pero será tratado como novo. Sepárase do corpo orixinario por unha charnela, que será de envolvente facilmente adaptable, pensada en acabado de celulosa cemento cor zinc. A textura exterior deste novo corpo pénsase en continuo e en madeira de frondosa tratada e coreada, para darlle presencia e contemporaneidade.. As xuntas dos paneis abriranse puntualmente onde se demande luz, e abriranse dos grandes ocos, un de acceso principal, e outro de mirador ó río na fronte do pequeno espacio de conferencias. Respecto a este...é importante constatar que actualmente, aínda que estemos a carón dun regato, este intúese, mais non se ve...hai olor, tacto e son; pero non vista...por elo buscamos coa forma unha baixada interior na sección para achegarnos e ve-la auga. O aspecto interior deste espacio será o propio dos materiais, pedra (que limparemos e volveremos a rexuntar cun morteiro adecuado), e a taboleiros de madeira ou derivados desta dos paneis interiores.

No hay comentarios:

archivo

contacto

monasterio de caaveiro 16 5ºCI, 15010 a coruña
pedro ribau simões + marta gutierrez mosquera . arquitectos coag 4311 + coag 2959 tel. 981 908 101